Gandoy arquitectura

Rúa da raiña 12, 4º - Lugo
982 044 654 654 321 987

Máis de 20 anos entendendo a profesión como unha labor artesana e deseñando produtos únicos

Rehabilitacion casa grande de quintela

Rehabilitación do complexo residencial cuxos orixes datan do s. XVI denominado a casa grande de quintela. O complexo caracterízase polo seu patio tradicional delimitado por un dobre corredor exterior en planta baixa e primeira a través dos cales se accede a todas as estancias do complexo, e pola portada barroca que preside o seu acceso principal.

Debido a circunstancias históricas, o complexo atopouse dividido en dúas propiedades no período de 1958 a 2009, momento no que Pilar Fontela e o seu marido Ramón Díaz, adquiriron a parte Sur do complexo, volvendo a unificar a propiedade. Durante dito período a ala sur quedou deshabitada o que provocou que acabará en estado ruinoso, mentres que a ala norte atopábase habitada e bastante desvirtuada o adaptase as construcións á actividade agropecuaria dos seus anteriores moradores, Jose Fontela e Pilar López antigos “caseiros do complexo” e pais de Dona Pilar Fontela.

A actuación consistiu na unificación do complexo mediante rehabilitación da ala sur como vivenda, a restauración do patio eliminando os diferentes engadidos cos que contaba, recuperando os seus pavimentos, balconadas, e escaleiras orixinais, empregando para iso métodos tradicionais de carpintería e cantería, reutilizando antigas vigas de “castiñeiro e cerna”, así como grandes chantas de pedra.

Rehabilitacion casa grande de quintela
Rehabilitacion casa grande de quintela
Rehabilitacion casa grande de quintela
Rehabilitacion casa grande de quintela
Rehabilitacion casa grande de quintela
Rehabilitacion casa grande de quintela
Rehabilitacion casa grande de quintela