Gandoy arquitectura

Rúa da raiña 12, 4º - Lugo
982 044 654 654 321 987

Máis de 20 anos entendendo a profesión como unha labor artesana e deseñando produtos únicos

Máis información

Antón gandoy

Estudo afincado na pequena cidade de lugo onde levamos afrontando retos arquitectónicos de todo tipo desde 2003.

En gandoy arquitectura entendemos a profesión como un labor artesán, deseñando produtos únicos para os nosos clientes. durante estes máis de 20 anos de experiencia no mundo da arquitectura desenvolvemos todo tipo traballos, contando con gran experiencia no mundo da rehabilitación de edificacións tradicionais ou históricas, así como no campo da rehabilitacións enerxéticas.

Xestionamos a oficina de rehabilitación do concello de corcubión, e desde o 2015 somos asesores técnicos do concello de muras. Á parte de desenvolver os nosos propios traballos, colaboramos en proxectos como a cidade da cultura, a restauración da muralla romana de lugo, ou a da basílica de s. martiño de mondoñedo grazas ao estudo lopez de rego, na intermodal da Coruña grazas ao estudo cesar portela, e en proxectos internacionais en kosovo ou ecuador grazas á enxeñeira Serumano.

Os proxectos de gandoy arquitectura non poderían saír adiante sen a colaboración dos compañeiros xullo orallo, jose ferreiro, cristina lamela, enrique bonet, cristina carballal, sonia martinez e noemí cuba.