Rehabilitacion edificio no casco vello de vigo
No casco vello da cidade de Vigo emprázase unha edificación tradicional rehabilitada como vivenda unifamiliar e escola de teatro.
A actuación consistiu na reforma integral da edificación adaptando a súa distribución ás necesidades dos seus novos propietarios, o que se traduciu nunha vivenda triplex nas plantas segunda, terceira e baixo cuberta, e nunha escola de teatro en planta primeira e baixa.
Na reforma conserváronse as fachadas e medianeiras de cantaría e cachotería eliminando a planta cuarta, a cal desvirtuaba o conxunto ao ser un engadido posterior.
Exteriormente procedeuse á reconstrución da cuberta sobre a planta terceira, á renovación das carpinterías exteriores mantendo a madeira como material, á limpeza das cantarías, e restauración das cerraxerías.
Interiormente trasdosouse para mellorar o seu grao de illamento térmico. mantívose a escaleira orixinal a cal se restaurou integralmente, e dotouse ao conxunto dunha nova estrutura horizontal para o que se reutilizaron as vigas orixinais de cerna de máis de 7m. sobre as cales se executaron unha serie de forxados de chapa colaborante e formigón.