Reforma de baixo como vivenda en a coruña
No barrio de monte alto da Coruña emprázase un bloque de vivendas de recente construción, o cal contaba cun baixo sen acondicionar composto de planta baixa e entreplanta na súa fronte á vía pública, e de so planta baixa na súa fronte cara a un pequeno patio de parcela traseiro.
A actuación realizouse en colaboración co pintor Eduardo Albo, e tivo por obxecto o acondicionamento do local como vivenda. Na distribución da vivenda tívose en contan as diferentes alturas do local, destinando a zona da entreplanta ao estudo, dormitorio, e cuarto de baño, e a parte traseira a dobre altura a un espazo diáfano destinado á zona de día e aberto ao patio de parcela a través un peche acristalado tamén a dobre altura.